top of page

O polígono industrial de Touro conta cunha nova sinalización

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Touro

O Parque Empresarial de Touro, ubicado nas proximidades de Fonte Díaz, conta xa cunha nova sinalización. O acceso principal ás instalacións empresariais a través da vía DP-6602 xa ten letreiros indicadores que sinalan a dirección para chegar ao novo parque empresarial.

A estrada que leva ata as parcelas tamén está sinalizada. A cuadrilla municipal instalou nas últimas semanas a sinalización dunhas infraestructuras que contan cunha superficie total de 52.755 metros cadrados, do que o 55,74 % (uns 29.405 metros cadrados) é solo industrial.


As zonas verdes son 10.397 metros cadrados, arredor do 20 por cento do parque. Pola súa banda os aparcamentos ocupan 1.682 metros cadrados; o uso dotacional, 1.347 metros cadrados; e a rede viaria, 9.925 metros cadrados (18,81 por cento do total do parque).

O Parque Empresarial de Touro xa ten unha empresa que traballa nas súas propias instalacións.


O Concello de Touro anima as empresas que estén interesadas en ubicarse nas instalacións do Parque Empresarial de Touro a coñecer a nova infraestructura, que xa está urbanizada, con todas as dotacións e accesos e lista para recibir ás empresas que queiran instalarse.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page