top of page
Foto del escritorLaura Moure

O polígono Área 33 de Silleda queda sen afección de estradas logo dos trámites feitos polo Concello

A medida implica que se poida construír e se manteña a edificabilidade nas parcelas ubicadas na marxe da estrada nacional N-525


Laura Moure/Silleda

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este martes a resolución do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana pola que dende a Demarcación de Carreteras do Estado se aproba de xeito provisional a delimitación de tramo urbano na zona onde se atopa o parque empresarial Área 33, entre o punto kilométrico 301 e o 301,700 da estrada nacional entre Santiago e Ourense (N-525).

O Consistorio de Silleda.

Con esta resolución, quedará sen efecto a afección que tiñan as parcelas situadas máis preto desta estrada, co que se permitirá construír sen perder ademais edificabilidade. “Esta medida chega logo de moitas xestións feitas dende o departamento de Urbanismo e de reunións con Xestur para conseguir que esta zona do polígono industrial silledense non estivera afectada por carreteras, xa que cando se fixo o parque empresarial non se considerou como zona urbana”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.


O estudio para dita delimitación tamén se somete con este anuncio do Ministerio a información pública. “É unha boa noticia para Silleda, xa que se modifica a delimitación desta zona xunto ao polígono e se permitirá construír sen as afeccións que ata agora tiñan as iniciativas empresariais”, explica o alcalde, Manuel Cuiña amosando a súa satisfacción por este anuncio “logo de varios anos agardando este cambio” e con xestións que se axilizaron nos últimos meses dende o departamento municipal de Urbanismo, que dirixe Paula Fernández.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page