top of page

O Pleno municipal de Melide aproba a distribución de máis de 386.000 euros do POS+adicional 2/2024

A adecuación e posta en valor da Rúa Ovedo e a mellora da pavimentación e seguridade vial na Avd. De América e rúas Alfonso Fernández Florez, Alfonso Castelao e Magallanes, serán as actuacións a realizar


Ecos da Comarca/Melide

O Pleno municipal de carácter extraordinario do Concello de Melide celebrado este luns acordou de xeito unánime a participación na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+adicional 2/2024 da Deputación da Coruña. Os proxectos aprobados supoñen un investimento total de 386.919,86 euros.

O primeiro proxecto contempla a adecuación e posta en valor da Rúa Ovedo, que responde ao compromiso de recuperación progresiva do casco histórico. Os traballos

consisten na renovación do saneamento, instalación dunha nova rede separativa de recollida de pluviais e na renovación do pavimento con lousa tradicional. O investimento

total ascende aos 204.055,43€


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

No respectivo ao segundo proxecto, contémplase a mellora da pavimentación e

seguridade vial na Avenida de América e nas rúas Alfonso Fernández Florez, Alfonso

Castelao e Magallanes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este proxecto supón darlle continuidade os xa realizados nas rúas colindantes da zona

nordeste do núcleo urbano melidao. O investimento total ascende a 182.864,43€.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page