top of page

O pleno de Silleda abordará os festivos locais do municipio para 2026

Segundo a proposta ratificada pola veciñanza na Consulta Popular celebrada en setembro do ano pasado, quedarían fixados para os días 10 de xullo e 23 de agosto


Ecos da Comarca/Silleda

A Corporación Municipal de Silleda celebrará o vindeiro xoves día 24 (10:00 horas) a sesión ordinaria correspondente a este mes, na que figura a aprobación dos festivos locais do municipio para o ano 2026. Tendo en conta a consulta popular celebrada o 6 de setembro do ano pasado na que a veciñanza de Silleda opinou sobre as propostas, os festivos celebraríanse os días 10 de xullo (venres da Festa do Lacón) e 23 de agosto (luns seguinte ás festas de verán da Bandeira). Esta proposta quedou dictaminada onte en comisión cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención dos dous grupos da oposición, pese a ser datas refrendadas pola veciñanza.


Tamén figura na orde do día a adhesión á Rede Española de Cidades Saudables, é unha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en colaboración co Ministerio de Sanidade. Conta actualmente con máis de 540 entidades locais adheridas e ten como obxectivo promover políticas públicas municipais que favorezan contornas urbanas máis saudables, sostibles e inclusivas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A adhesión permitirá a Silleda acceder a programas, formacións, recursos técnicos e subvencións específicas para o fomento da saúde local, así como compartir boas prácticas con outros municipios do Estado. Supón tamén asumir o compromiso de integrar o enfoque da saúde en todas as políticas locais. Esta adhesión tamén saíu adiante nas comisión cos votos a favor únicamente do goberno local e a abstención de PP e BNG.


Tamén se inclue na orden do día o cambio de nome da empresa que se encarga do contrato de mantemento e subministro do alumeado exterior e a ratificación dos convenios para a cesión de locais sociais no rural a varias asociacións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A dación de conta do plan anual de control financieiro de 2025 e unha moción sobre a creación dun aparcadoiro municipal de camións, completan os asuntos da sesión plenaria.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page