O pleno de Silleda aborda hoxe a adxudicación do PON2030 á empresa Excavaciones Midón S.L.
- Laura Moure
- 6 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Tamén figura na orde do día a aprobación da bonificación do IBI a un total de 125 explotacións agropecuarias do municipio
Laura Moure/Silleda
A corporación municipal de Silleda celebra hoxe, xoves, o pleno ordinario correspondente ao mes de maio (tralo acordo de traslado dos grupos políticos á xornada de mañá) con varios asuntos na orde do día. Así, ademais da aprobación da bonificación do IBI a un total de 125 explotacións agropecuarias do municipio, tamén se abordarán cuestións como a contratación da obra de Mellora da Mobilidade Peonil e Rexeneración Urbana na avenida Recinto Feiral e a rúa Arturo Pérez Lázara, cofinanciada entre o Concello de Silleda e a Deputación de Pontevedra a través do programa PON2030.

A proposta da mesa de contratación, que se elevará ao pleno de hoxe, pasa por adxudicar esta actuación á empresa Excavaciones Midón S.L., que presentou a mellor das ofertas ao procedemento aberto, ao que concorreron un total de 6 empresas. O orzamento de adxudicación proposto é de 802.977,48 euros, incluindo ademais melloras como a
reducción do prazo de execución dos traballos en 30 días.
Publicidade
Na orde do día figura tamén unha modificación do anexo de subvencións nominativas, en concreto para a Festa dos Callos de Ansemil-Martixe, ao cambiar de nome a entidade organizadora, constituíndose unha nova asociación (Asociación Cultural Festa dos Callos).
Publicidade
Figuran tamén a dación de conta do periodo medio de pago e morosidade no primeiro trimestre do ano, e tres mocións presentadas polo BNG, sobre Altri, o mantemento do Centro de Saúde de Silleda, e seguridade viaria en rúa Trasdeza e Barrio do Camp
Comments