top of page

O Plan de Choque da DXT en Galicia poñerá o foco no alcol, na velocidade e na cultura da prevención

A comunidade galega rexistrou Galicia 37 vítimas mortais en accidentes de tráfico nos catro primeiros meses do ano

Laura Moure/Xeral

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presentou esta semana na Coruña o impacto que terá en Galicia o Plan de Choque posto en marcha pola DXT para atallar o aumento dos sinistros mortais de tráfico nas estradas. Pedro Blanco cualificou como “feito inaceptable” o balance de sinistralidade en Galicia, que fala dun aumento das cifras de persoas mortas nas estradas da Comunidade, sobre todo no colectivo de usuarios vulnerables (peóns, ciclistas e motociclistas).

ree

“Entre xaneiro e abril deste ano as estradas de Galicia rexistraron 37 persoas falecidas, das que un 40% formaban parte do colectivo de vulnerables”. Detrás desta esta realidade, o delegado sinalou que se detecta unha “relaxación nas medidas de seguridade, como o uso do cinto; o incremento da velocidade e, sobre todo, o consumo de alcol”.


Advertiu tamén da “falta de solidariedade” nas estradas, promovendo descoidos que son causa de moitos destes accidentes: “Desgraciadamente hai moitas persoas que cando collen un coche, un camión ou unha furgoneta xa saben que van incumprir a lei. E, peor aínda, promoven esta conciencia e protexen a outros infractores ao avisar da presenza de radares e controis”.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

O delegado do Goberno explicou estas medidas nun acto informativo celebrado na sala de pantallas do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, e que contou coa asistencia da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; da coordinadora da DXT en Galicia, Victoria Gómez; do xeral xefe da Garda Civil de Galicia, Miguel González; do tenente coronel xefe do Sector de Tráfico de Galicia da Garda Civil, Antonio Hidalgo; e do xefe deste Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, Ramiro Martínez.


Detalle das medidas

O delegado fixo un repaso polas medidas que xa se están poñendo en marcha en Galicia, e que se engloban en catro grandes paquetes: máis sensibilización, con máis atención a colectivos vulnerables; melloras nas medidas de control e vixilancia; reformulación dos controis de alcol e drogas e melloras técnicas.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
  1. Fomento da cultura preventiva. O delegado lembrou o traballo que están a facer nas distintas campañas de control e de sensibilización e a iniciativa que promove a educación viaria nas escolas a través do Plan Director de Seguridade Escolar. Na sensibilización fixo unha chamada aos motoristas, un dos colectivos máis vulnerables nas estradas. “A partir deste mes de maio os axentes de tráfico daranlles a pé de estrada consellos e información para conciencialos sobre a súa vulnerabilidade”, sinalou Pedro Blanco. Tamén con respecto aos motoristas, o delegado avanzou que a Garda Civil “operará co apoio de dúas motocicletas camufladas con axentes vestidos tamén de paisano”, que se atopan xa en Galicia.

  2. Mellora das medidas de control e vixilancia. Este segundo paquete de medidas contempla a instalación de nove radares máis en Galicia, e na reactivación do helicóptero de vixilancia Pegasus, con base en Santiago. Os nove radares (cinco fixos e catro de tramo) colocaranse en zonas onde se detectan máis sinistros mortais. 3 na provincia da Coruña (un de tramo e dous fixos); 1 fixo na provincia de Lugo; 1 radar fixo e outro de tramo na provincia de Ourense e 2 radares de tramo e 1 radar fixo nas estradas de Pontevedra. O delegado avanzou que xa se está traballando na obras de instalación previas á colocación dos radares.

  3. Reformulación dos controis de alcolemia, aumento dos controis e incorporación de controis dinámicos. O delegado alertou sobre a realidade que detecta a Garda Civil, que apunta a que en Galicia “cada vez máis, hai xente que bebe e, conscientemente, colle o coche”. Puxo como exemplo deste feito que en 2023 o alcol estivo presente en 4 de cada 10 accidentes mortais en Galicia, ao que se pode engadir que “a Garda Civil de Tráfico detecta cada mes a máis de 1.000 persoas conducindo tras consumir alcol”. As medidas neste epígrafe inclúen o aumento nos controis de alcolemia que, ata fin de ano, superarán os 22.500 en Galicia. Ademais, reformularanse estes controis de alcol e drogas, para dotalos de máis mobilidade e impacto para eludir os avisos por redes sociais e canles de mensaxería. Deste xeito, “onde antes había controis dunha hora, agora vai haber tres de 20 minutos e en tres localizacións distintas, que serán zonas de moito movemento e, sobre todo, nas fins de semana”, en palabras do delegado do Goberno. Pedro Blanco engadiu que a Garda Civil poñerá en marcha un novo tipo de control dinámico, que escapa aos sistemas de aviso e alerta. Este control significa que, “en calquera momento, vía ou circunstancia, unha patrulla de Tráfico realizará controis de alcol e drogas a condutores ou condutoras aos que dean o alto”.

  4. Melloras técnicas. O último paquete de medidas está orientado á mellora de instalacións e de equipamentos, entre os que destacan os Sistemas Intelixentes de Transporte, que se van a intensificar: “Estou a falar dos paneis de información variable, o uso de cámaras e o seguimento a través das pantallas do Centro de Control de Tráfico”. Ademais, a DXT comezara este mes de maio a obra de ampliación do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, que se adaptará aos novos equipos e contará cunha sala de crise, entre outras melloras.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page