top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Plan Único da Deputación da Coruña prevé destinar 661.811,96 € ao Concello de Toques

A deputada de plans provinciais, Cristina García, estivo no municipio acompañada do deputado Xosé Penas, onde presentou os datos do Plan Único e visitou as obras do camiño de Montelen a Prados



Laura Moure/Toques

O concello de Toques acolleu a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, e o deputado de patrimonio e contratación, Xosé Penas, que se reuniron co alcalde, José Ángel Penas, para abordar os investimentos do Plan Único no municipio.


Publicidade

En total, a Deputación prevé investir 612.036,42 € ao longo deste ano 2024 no concello de Toques. Unha cantidade que inclúe o importe da fase inicial (359.094,98 €) e o das fases adicionais que se prevé executar neste exerciio (302.716,98 €) . Este importe forma parte do total destinado aos concellos da montaña (Arzúa, Boimorto, Melide, Santiso e Toques), que se agarda que chegue aos 5.208.537,36 €.


Publicidade

Os deputados aproveitaron para visitar, ademais, as obras do camiño de Montelen a Prados, financiadas co Plan Único da Deputación. "Esta ferramenta de financiamento das obras e servizos dos concellos da provincia permítelles aos gobernos municipais xestionar os recursos públicos con autonomía, en función das súas prioridades" apuntou a deputada.

"Obras como esta, que se levan a cabo grazas ao Plan Único, son un bo exemplo de como este plan contribúe a mellorar a calidade de vida da veciñanza, especialmente a dos concellos máis pequenos, onde o financiamento que reciben do Plan supón un gran impacto económico". "Ese é, precisamente", engadiu, "o obxectivo do Plan Único da Deputación da Coruña".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page