O Pintor Colmeiro de Silleda participará na liga impulsada pola Garda Civil sobre a ciberseguridade
- ecosdacomarca
- 15 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Formarán parte desta iniciativa máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros galegos
Ecos da Comarca/Silleda

sMáis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros educativos de Galicia, entre eles o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Silleda, participaran este curso na modalidade preamateur da V Ciberliga 2023, unha actividade teórico-práctica de formación en ciberseguridade e en prol dun exercicio responsable da cidadanía dixital. A iniciativa é impulsada pola Garda Civil e foron elixidas para participar nesta iniciativa Galicia, Castela–A Mancha e Madrid.
Publicidade
Será o Instituto Nacional de Ciberseguridade o que desenvolva a actividade ao longo do primeiro trimestre do curso 2023-2024, con dúas fases clasificatorias. A primeira delas, a nivel galego, consistirá nunha formación en streaming dunha hora de duración á que seguirá un ciber-reto nun espazo virtual seguro no que participará o alumnado en grupos de tres ou catro. Neste ciber-reto terán a oportunidade de por en práctica os coñecementos de ciberseguridade aprendidos na sesión anterior.
Pasarán á segunda fase, a nivel nacional, os cinco mellores equipos clasificados no ciber-reto a nivel galego. Desenvolverase, con similares características e probas, en Aranjuez (Madrid) do 14 ao 16 de novembro.
Publicidade
Os centros galegos participantes son os reflectidos na seguinte enlace: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/84004/mas-1-000-alumnos-eso-34-centro-gallegos-participaran-liga-impulsada-por-guardia?langId=gl_ES
Comments