top of page

O Pino ten un remanente de tesourería a 1,87 millóns tras liquidar o orzamento de 2025

Aprobados os expedientes de modificación de créditos para mellorar accesos a núcleos, estradas e instalacións deportivas con 532.000 euros do remanente de tesourería


Ecos da Comarca/O Pino

O Pleno do Concello do Pino aprobou os expedientes de modificación de crédito para mellorar os accesos a núcleos de poboación, estradas e instalacións deportivas por un total de 532.000 euros. Estas obras financiaranse con remanentes de tesourería. O alcalde informou na sesión que tras liquidar o orzamento de 2025, o Concello ten un remanente positivo de tesourería de 1.869.677,43 euros.


Manuel Taboada explicou que deste remanente total de 1,87 millóns de euros o Concello só poderá gastar este ano 857.000 euros, segundo establece a lexislación vixente.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Na sesión ordinaria de marzo, a Corporación tamén aprobou a estrutura de costes do contrato de concesión do servizo de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración. Esta estrutura establece os porcentaxes das diferentes partidas de gastos para prestar o servizo de auga potable e saneamento (persoal, enerxía, mantemento e conservación, etc). Esta estrutura incluirase nas bases para sacar a licitación este servizo. O punto aprobouse por unanimidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A rectificación dun erro puntual no PXOM, para establecer correctamente a localización nos mapas da escola unitaria de Lardeiros, tamén foi aprobada por unanimidade.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page