O Pino súmase ao Camiño dos Dereitos Humanos que promove a Fundación ISHR
- Laura Moure
- 6 may 2022
- 1 Min. de lectura
A esta iniciativa tamén se sumou o Concello de Arzúa
Laura Moure/O Pino
O alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo, e a directora da fundación americana International Solidarity for Human Rights, Elizabeth Sánchez, colocaron este xoves na casa consistorial a placa conmemorativa do respaldo municipal ao Camiño dos Dereitos Humanos que está a promover a entidade con sede en Miami no Camiño Primitivo.

A Fundación ISHR conta co apoio de diferentes administracións do Camiño Primitivo para levar a cabo esta iniciativa, que consiste na colocación d unha placa de bronce con cada un dos dereitos humanos en lugares destacados desta ruta de peregrinación a Compostela. No caso do Pino, a placa fai mención ao artigo 27 da Convención da ONU sobre os dereitos humanos. “Teño dereito a cultura”, di a lenda grabada que se colocou na entrada da Casa Consistorial desta localidade.
Nesta iniciativa, a Fundación ISHR vai colocar 30 placas de bronce entre Oviedo e Compostela. Xa as puxeron en Arzúa e no Pino. A Fonsagrada, Castroverde, Grandas de Salime, Pola de Allande, Tineo ou Salas son outros dos municipios que tamén colaboran co Camiño dos Dereitos Humanos.
No acto, ademais de Manuel Taboada e Elizabeth Sánchez, tamén participaron Devorah Sasha e Wilma Bulkin Siegel, directoras da Fundación ISHR; e Xesús Palmou e Ulises Bartolo, presidente e secretario Xeral da Academia Xacobea, entre outros.
Commentaires