O Pino súmase ás microcredencias da USC e impartirá cursos de uso da IA e de xestión da terra
- Laura Moure

- 5 may
- 2 min de lectura
Estas formacións serán durante o mes de maio e é necesario anotarse antes do 7 deste mes
Laura Moure/O Pino
O Concello do Pino súmase ao convenio asinado entre Agader e a Universidade de Santiago para impartir formación que lle permita á veciñanza de entre 25 e 64 anos obter microcredenciais universitarias, un título propio da USC con validez en toda a Unión Europea.

Durante este mes de maio impartiranse dous cursos na aula TIC de Arca para un mínimo de dez e un máximo de doce alumnos cada un. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do xoves 7 de maio nas oficinas municipais, no departamento de Servizos Sociais, ou chamando ao 981 511 002 para facilitar os seus datos.
PUBLICIDADE
O curso Como usar a intelixencia artificial (IA) no día a día ten unha duración de 10 horas, e impartirase durante tres tardes. Nesta actividade formativa analizaranse que é a intelixencia artificial, principais aplicacións e asistentes virtuais (ChatGPT, Gemini, Alexa,
Siri...), xeración de imaxes e os sesgos no manexo da información da IA, ou a privacidade e protección de datos.
O outro curso titúlase Xestiona a túa terra, e cunha duración de 5 horas impartirase en dúas tardes. Aquí analizaranse algúns dos instrumentos de mobilización e recuperación de
terras rústicas, como incorporar as fincas ou arrendalas no Banco de Terras, e trámites
electrónicos co Catastro ou co Rexistro da Propiedade.
PUBLICIDADE
A formación é totalmente gratuíta para o alumnado, que non ten que estar empadroado no
Pino. Toda a formación é presencial, con titorías online e cun grupo de alumnado de entre 10 e 12 persoas por curso. A USC expedirá un título oficial, válido para toda a Unión Europea.








Comentarios