top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Pino rende homenaxe a Manuela Mirás, a Mercedes Salvado, a Josefina Sanjiao e a Carmen Parada

Foi na Xuntanza dos Maiores a que asistiron unhas 900 persoas


Laura Moure/O Pino

Catro mulleres nadas entre 1929 e 1930 foron este sábado as protagonistas da Xuntaza dos Nosos Maiores do Concello do Pino, unha celebración na que participaron preto de 900 persoas coa que o Concello quere agradecer e recoñecer o traballo que desenvolveron durante toda a súa vida. Antes do xantar de confraternidade, o alcalde, Manuel Taboada; o director xeral de Maiores, Antón Acevedo, e concelleiros do goberno entregáronlles sendos recoñecementos a cada unha das homenaxeadas.

Nesta edición, as placas conmemorativas e os recoñecementos foron para Manuela Miras Fandiño, natural de Gonzar, que fixo 95 anos o pasado 26 de maio; para María Mercedes Salvado Vigo, da parroquia de Budiño, que o 23 de marzo celebrou o seu 94 aniversario; para Josefina Sanjiajo Jallas, tamén de Budiño e que fará 94 anos o 4 de agosto (día da Festa do galo piñeiro), e para Carmen Parada Aguiar, que naceu en Arca o 26 de decembro de 1930. Ademais dos recoñecementos que lles entregou o equipo de goberno e un ramo de flores, recibiron uns agarimosos aplausos de todos os asistentes á festa.


Na área recreativa da Madalena déronse cita unhas 900 persoas, veciños e veciñas do Pino maiores de 60 anos, para participar nunhas das tradicionais celebracións que organiza o Concello. O programa comezou co concerto da Banda de Música de Arca, dirixida por Andrés Pérez, e a misa ao aire libre oficiada polo cura de Budiño, Javier Pose Bouzas.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O alcalde, Manuel Taboada, destacou na súa intervención “o papel da muller rural, como ás que hoxe rendemos homenaxe. Un traballo incansable que axudou a sacar adiante a moitas familias e moitas explotacións, porque o espírito emprendedor é unha característica de todas vos”. O alcalde tamén tivo palabras de agradecemento para todas as persoas maiores, “que nos axudastes a facer de O Pino o que hoxe é. Esta festa quere ser un agradecemento e un recoñecemento a todo o que conseguistes con tanto sacrificio”, concluíu Manuel Taboada.


O restaurante A Magdalena, de Castrofeito, volveu ser o encargado de preparar un menú composto por empanada, troitas, polbo e carne ó caldeiro, co que os asistentes puideron repoñer forzas antes dunha animada sobremesa. Mentres uns conversaban animadamente, outros puxéronse a bailar e facer algo de exercicio ao ritmo da música do dúo formado por Eva e Camilo, que animaron o baile.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page