O Pino recoñece os éxitos dos mellores deportistas do municipio na temporada 24-25
- Laura Moure

- 1 ago 2025
- 2 min de lectura
O alcalde entregoulles placas ao atleta Alexandre García, ao nadador Hugo Cacheda, aos integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e ao conxunto escolar de xadrez
Laura Moure/O Pino
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, felicitou esta xoves aos deportistas máis destacados do municipio durante a pasada temporada antes de entregarlles as placas conmemorativas. Os galardoados nesta edición foron o atleta Alexandre García Seijo, o nadador Hugo Cacheda Martínez, os integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e os xadrecistas Rubén Alonso, Martín González, Manue Vidal e Noé Villar.

“Os éxitos que conseguistes son froito do voso traballo e do voso esforzo, pero non esquezades que detrás hai tamén moito esforzo das vosas familias e monitores”, lles dixo
Manuel Taboada, que se amosou orgulloso de que leven o nome do Pino nas competicións
nas que participan.
Os galardóns aos mellores deportivas do Pino nesta temporada entregáronse onte no
salón de plenos do Concello, nun acto ao que tamén asistiron os concelleiros Borja Castro e José Fuentes, o monitores deportivo municipal David Castiñeiras e familiares e amigos dos homenaxeados.
Publicidade
Estes premios repartíronse por primeira vez en 2023 co obxectivo de dar a coñecer os méritos da xente nova do Pino que está destacando en competicións nacionais e autonómicas. O Concello do Pino, comprometido coa práctica deportiva facilitando medios
para adestrar e competir, busca así o recoñecemento público dos novos deportistas como
un xeito de acompañalos na súa traxectoria.
Alexandre García, atleta de Lardeiros e integrante do Club Atletismo O Pino, leva conseguidos este ano tres subcampionatos galegos Sub-14 en 60 metros lisos, 80 metros
lisos e 220 metros valados, ademais de clasificarse para o Campionato de España nas
combinadas de 80 m lisos, 80 m valados e lanzamento de peso (3 Kg).
Hugo Cacheda, do Pedrouzo, milita no Club Natación Santiago e conquistou nada menos
que tres ouros e outras tres pratas nos últimos autonómicos de categoría alevín. No
Campionato Galego de verán en piscina olímpica foi campión en 50 costas e subcampión en 50 braza, 100 braza e 200 braza, mentres que no Campionato Galego de inverno foi
campión de 200 braza e 100 braza, ademais de subcampión en 50 braza.
Publicidade
Yeray Barreiro, Rodrigo Sanjuás, Pedro Muñoz, Martín Giao, Santiago Mecías, Alexandre
Fernández e Santiago Míguez son os xogadores do Pino que forman parte do equipo Estrela Supernova que, representando a Galicia xunto outros rapaces de Boqueixón e Friol, proclamouse campión de Europa de fútbol gaélico no Féile de Ámsterdam logo de facerse coa Copa Galega.
Por último, o Concello do Pino distingue tamén o equipo de xadrez composto por Rubén
Alonso, Martín González, Manuel Vidal e Noé Vilar, que logrou o terceiro posto da competición comarcal por equipos da Liga escolar Xogade.








Comentarios