top of page

O Pino pon á venda as entradas para o xantar popular da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

A comida celebrarase o domingo 2 de agosto, ás 15:00 horas, baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino acaba de poñer á venda as entradas para participar no tradicional xantar popular da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, celebración que este ano chega á súa XXV edición e que terá lugar a fin de semana do 1 e 2 de agosto.

O xantar, unha das citas máis destacadas do calendario gastronómico do municipio, terá

lugar o domingo 2 en Arca. Como sempre, será a partir das 15:00 horas baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei, e reunirá centos de persoas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As entradas teñen un prezo de 30 euros e poden adquirirse de forma anticipada en diferentes establecementos de hostalaría repartidos por distintas parroquias do concello.

Os puntos de venda habilitados son Bar Pedrouzo, Bar Muíño e Bar Regueiro, en Arca;

Perruquería Sandra, en Castrofeito; Bar Toxo, en Budiño; Bar Suárez, no Pino; Bar

Carballeira, en Gonzar; Restaurante Reta de Cobas, Restaurante O Cruceiro e Bar Varela,

en Lardeiros; Bar Cabaleiros, en Medín; Bar A Xesta, en Ferreiros; Parrillada A Esquipa, na

Salceda; e O Mesón, O Empalme e Andaina, en Cerceda.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Venda anticipada ata o venres 31 de xullo

A venda anticipada permanecerá aberta ata o próximo venres 31 de xullo. Ademais, no caso de quedar localidades dispoñibles, as entradas tamén poderán adquirirse o mesmo

domingo 2 de agosto pola mañá, no stand do Concello do Pino situado na praza de

Forcarei.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde o Concello do Pino anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta

cita gastronómica, un dos momentos centrais da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra

Cabalar, unha celebración que cada ano pon en valor os produtos locais, a tradición

gandeira e a riqueza cultural do municipio, consolidándose como un dos grandes referentes festivos do verán na comarca.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page