top of page

O Pino percorrerá o Camiño Inglés na oitava edición do seu programa Camiña e Descubre

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Comezará o 15 de febreiro percorrendo uns 15 quilómetros entre Ferrol e Neda


Laura Moure/O Pino

O vindeiro 15 de febreiro comezará a oitava edición do programa Camiña e Descubre co que o Concello do Pino quere dar a coñecer os atractivos do Camiño Inglés entre amantes do sendeirismo. O obxectivo deste programa é fomentar entre a veciñanza hábitos saudables ao tempo que se descobren as fermosos paraxes que hai na nosa comunidade nos camiños que rematan en Compostela.

Este ano, a previsión é percorrer o Camiño Inglés en oito ou nove etapas, que se celebrarán o terceiro sábado de cada mes, como nas edicións anteriores. O Camiña e Descubre 2025 celebrarase entre febreiro e maio e, tras o verán, continuará en setembro ata chegar a Compostela.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O vindeiro 15 de febreiro celebrarase a primeira etapa, duns quince quilómetros, entre Ferrol e Narón. As persoas interesadas poderán anotarse ata o xoves 13 de febreiro, cubrindo o formulario de inscrición e facendo o pagamento correspondente. Unha vez cubertos, estes documentos deberán entregarse nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica do Concello do Pino. O Concello mantén o prezo de 8 euros por persoa e etapa para participar neste programas.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas interesadas poden facer o pagamento de varias etapas dunha soa vez, para

simplificar os trámites. As persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 511 065 ou do enderezo electrónico cultura@opino.gal 


Poden descargar o formulario de inscrición e a folla de pagamento no seguinte enlace:



0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page