top of page

O Pino organiza un concurso de murais urbanos con motivo da Festa do Galo Piñeiro

A persoa gañadora recibirá 2.000 euros de premio ademais da pintura, e deberá rematar a obra antes do 1 de agosto


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino inicia a súa aposta pola arte urbana para decorar espazos públicos e convoca o primeiro Concurso de Murais coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro os días 2 e 3 de agosto. A este certame, dotado cun premio de 2.000 euros, ademais da pintura necesaria, poderán presentarse persoas maiores de 16 anos residentes en España que acrediten experiencia no pintado de graffitis.

O obxectivo deste concurso é visibilizar, a través das técnicas do graffiti e mediante a

creación dun mural urbano, as características que rodean ao Concello do Pino. Nesta

primeira edición, as persoas participantes deberán presentar propostas relacionadas co Pino como última etapa do Camiño Francés ou coa Festa do Galo Piñeiro, declarada de Interese turístico de Galicia.


Os artistas que queiran participar neste Concurso de Murais Concello do Pino, unha vez que saia publicado no Boletín Oficial da Provincia o extracto das bases, terán un prazo de quince días laborais para remitir as súas propostas ao Concello, xunto con fotografías de traballos que xa fixeran previamente para acreditar a súa técnica e cualificación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un xurado formado por cinco persoas será o encargado de elixir a persoa gañadora deste certame, que deberá rematar o seu traballo antes do 1 de agosto de 2025. Este día presentarase oficialmente o mural e difundirase a través das redes sociais e da páxina web

do Concello.


O graffiti deberá pintarse no muro duns 43 metros cadrados que está no espazo de lecer

ecolóxico situado na rúa do Concello. Trátase dunha parede de 1,40 metros de alto por uns

31 metros de longo.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As obras terán que ser orixinais do artista e inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. O Concello do Pino entregaralle un premio en metálico de 2.000 euros á persoa gañadora desta primeira edición, e asumirá tamén os gastos da pintura (ata un máximo de 700 euros) ademais de facilitar os sistemas necesarios (escadas) para acceder á área onde plasmar a obra.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page