top of page

O Pino organiza o II Concurso de Murais con motivo da Festa do Galo Piñeiro

2 jul
2 min de lectura

A persoa gañadora recibirá 2.000 euros de premio ademais da pintura, e deberá rematar a obra antes do 31 de xullo

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino mantén a súa aposta pola arte urbana para decorar espazos públicos e convoca o segundo Concurso de Murais coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro os días 1 e 2 de agosto. A este certame, dotado cun premio de 2.000 euros, ademais da pintura necesaria, poderán presentarse persoas maiores de 16 anos residentes en España que acrediten experiencia no pintado de graffitis.


O obxectivo deste concurso é visibilizar, a través das técnicas do graffiti e mediante a creación dun mural urbano, as características que rodean ao Concello do Pino. Ao igual

que na primeira edición, as persoas participantes este ano deberán presentar propostas

relacionadas co Pino como última etapa do Camiño Francés ou coa Festa do Galo Piñeiro,

declarada de Interese Turístico de Galicia.

Unha parte do mural gañador da primeira edición deste premio, a de 2025.
Unha parte do mural gañador da primeira edición deste premio, a de 2025.

Os artistas que queiran participar neste II Concurso de Murais do Concello do Pino, unha

vez que saia publicado no Boletín Oficial da Provincia o extracto da convocatoria, terán un

prazo de dez días hábiles para remitir as súas propostas ao Concello, xunto con fotografías

de traballos que xa fixeran previamente para acreditar a súa técnica e cualificación.


Un xurado formado por cinco persoas será o encargado de elixir a persoa gañadora do certame, que deberá rematar o seu traballo antes do 31 de xullo de 2026, se ben esta data

ten carácter estimativo e poderá ser modificada por acordo entre o Concello e o artista.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O graffiti deberá pintarse no muro situado no lateral exterior das instalacións do colexio público integrado Camiño de Santiago, na rúa do Peregrino, un espazo de elevada visibilidade e tránsito peonil e rodado, ao carón dunha beirarrúa pavimentada que da

acceso ao centro de saúde e á casa da cultura, fronte a unha área de estacionamento

público. Trátase dunha parede de 2,50 metros de alto por uns 33 metros de longo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

As obras terán que ser orixinais do artista e inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. O Concello do Pino

entregaralle un premio en metálico de 2.000 euros á persoa gañadora desta segunda

edición, e asumirá tamén os gastos da pintura (ata un máximo de 1.000 euros) ademais de

facilitar os sistemas necesarios (escadas) para acceder á área onde plasmar a obra.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page