“Queremos ofrecerlle á mocidade unha opción de ocio para gozar no noso municipio”, sinala o concelleiro de Xuventude, Borja Castro
Ecos da Comarca/O Pino
O Concello do Pino organiza o vindeiro venres, 15 de decembro, a primeira edición da Festa da Xuventude coas orquestras París de Noia e Trébol. Con esta iniciativa, o equipo de goberno quere “ofrecerlle á mocidade unha opción de ocio para gozar no noso municipio”, segundo indica o concelleiro de Xuventude, Borja Castro.
Publicidade
A I Festa da Xuventude do Pino vaise celebrar na parroquia de Arca, no lugar da Igrexa, a
partir das 22:00 horas, coa actuación da Orquestra Trebol, que ofrecerá o seu segundo
pase a partir das 1:00 horas.
Publicidade
A Orquestra París de Noia levará ata O Pino o seu espectáculo La gira de la ilusión, cun
primeiro pase a medianoite e o segundo a partir das 2:00 horas.
Publicidade
Opmerkingen