Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Pino levará os dous puntos limpos móbiles polas 13 parroquias do municipio

A veciñanza poderá reciclar así pequenos obxecto como tóner, pilas, baterías, teléfonos móbiles, lámpadas, aceite usado e outros


Laura Moure/O Pino

O Concello de O Pino conta xa con dous puntos limpos móbiles para favorecer a reciclaxe de pequenos refugallos de diferentes tipoloxías nas trece parroquias do municipio. O alcalde, Manuel Taboada, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, puideron ver os dous remolques dotados con sete compartimentos no que a veciñanza poderá depositar aceite usado, fluorescentes, tóner de impresora, pilas e baterías ou pequenos electrodomésticos ou teléfonos móbiles, entre outros.

A Xunta financiou con máis de 16.000 euros a adquisición destes puntos limpos grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental. Segundo explicou a directora xeral, Natalia Prieto, o Concello solicitounos pola necesidade de dotar de equipamentos e infraestruturas necesarias no que depositar os residuos contaminantes, que polas súas características, non se poden tirar nos contedores convencionais. Con este dous remolques esperase mellorar a xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares (fluorescentes, lámpadas, aceites, aerosoles, latas contaminadas, pilas, baterías cartuchos tinta, etc., de difícil recollida e xestión) ao poder desprazar estes puntos limpos móbiles polos diferentes lugares do concello.


Ubicación

O alcalde, Manuel Taboada, indicou que estes dous puntos limpos móbiles vanse situar dous días en cada parroquia do municipio, naqueles puntos máis céntricos ou visitados pola veciñanza para fomentar a reciclaxe de pequenos obxectos e contribuír, deste xeito, coa protección do medio ambiente. Taboada sinalou que no novo contrato de recollida de lixo farase tamén unha planificación para mellorar a recollida de plásticos dos silos e de residuos voluminosos, como poden ser colchóns e outros obxectos.


A directora xeral de Administración Local lembrou que o Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico e permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos por máis de 108 millóns de euros. Nesta liña, engadiu que estes proxectos teñen un efecto exemplarizante ao contribuír a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impulso da sustentabilidade ambiental nas administracións públicas, en concreto, nas entidades locais.


No concello de O Pino, o investimento da Administración autonómica supera os 351.000 euros no marco da colaboración coas entidades locais para axudarlles a levar a cabo proxectos vinculados con melloras ambientais ou en infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais.

53 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE