top of page

O Pino abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación ‘Lecer Semana Santa 2025’

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, abre o prazo de inscrición da actividade Lecer Semana Santa 2025, unha iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de conciliación que busca axudar ás familias na compatibilidade da vida laboral e familiar durante o período de vacacións de Semana Santa.

ree

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 14, 15,

16 e 21 de abril nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, na localidade de Arca (Pedrouzo). O horario da actividade será de 8:00 a 15:00

horas, permitindo a recollida dos nenos e nenas entre as 13:30 e as 15:00 horas.


O programa conta cun total de 50 prazas por quenda e estableceranse criterios de admisión en caso de que a demanda supere a oferta. Terán prioridade os menores

empadroados no Concello de O Pino cunha antigüidade de mínimo tres meses, as familias

monoparentais e os menores escolarizados en centros educativos do municipio, entre

outros criterios.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O prezo da actividade será de 10 euros polos catro días de servizo, con descontos do 20%

para familias numerosas a partir do segundo fillo e para familias monoparentais, sempre

que se achegue a documentación acreditativa correspondente.


As inscricións poderán realizarse ata o 10 de abril mediante a ficha dispoñible nas

dependencias municipais (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou na web www.opino.gal 

Unha vez publicada a listaxe de admitidos, as cotas deberán aboarse na conta bancaria

indicada e presentar o xustificante de pagamento antes do 14 de abril. Unicamente se

procederá á devolución do importe en caso de acreditación médica da imposibilidade de

asistencia.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta iniciativa reforza o compromiso do Concello do Pino coa conciliación familiar e laboral, ofrecendo un servizo esencial para as familias durante as vacacións escolares. Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade no marco do

programa FSE+ Galicia 2021-2027, cofinanciado pola Unión Europea, e polo Ministerio de

Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page