top of page

O goberno de Silleda lembra ao BNG que sempre se falou do uso cultural do antigo consistorio

Ecos da Comarca/Silleda

O goberno local de Silleda lémbralle ao BNG que a proposta de convertir a que foi casa do Concello ata novembro de 2023 en centro cultural se plantexou dende o primeiro día, cando se puxo en marcha o proceso -iniciado cunha consulta popular- para reconvertir a Casa da Cultura en consistorio.

Ao fío da moción presentada polo Bloque, dende o goberno municipal tamén se advirte que o proxecto requerirá dun estudo de usos, para reformular e dimensionar de maneira axeitada o futuro centro cultural, así como un gran investimento, para entre outras cousas acondicionar a estrutura e aillamento do edificio, con moitas carencias.


En canto á suposta falta de espazos culturais, a concelleira de Cultura, Mónica González, advirte que "resulta curioso que esta crítica chegue xusto nun momento no que o Concello de Silleda, a través do departamento de Cultura está a afianzar a súa aposta polo teatro, cun programa que inclúe 7 actuacións ao longo deste mes. Ademais do auditorio municipal Manuel Dopazo, onde preto de 200 persoas abriron o ciclo o pasado domingo, contamos ca inestimable colaboración da Fundación Semana Verde, con quen temos dende 2014 un convenio de uso do seu auditorio, e do Salón Parroquial de Silleda”, engade a concelleira sobre estes tres espazos que xunto co Centro Cultural Vista Alegre están a acoller a día de hoxe esta e outras propostas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Por sorte para a veciñanza, tanto na vila de Silleda como na Bandeira, contamos a día de hoxe con infraestruturas culturais con capacidade para acoller actividades de moi diversa índole, tal e como se ten demostrado nos últimos anos”.


Sobre as críticas á “falta de xestión” no ámbito cultural lamenta que o BNG “abrace as teses coas que o pasado ano nos sorprendeu o PP”, engade. “Daquela os populares acusaron a este goberno de falta de ambición e de só imprimir carteis para os colectivos e agora o BNG ven a dicir que só colocamos carpas”.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para González "afirmacións como esta demostran un descoñecemento da política cultural que segue o goberno municipal silledense nos últimos anos, tratando de buscar sempre un equilibrio entre as iniciativas propias e o necesario apoio aos moitos colectivos cos que se traballa en estreita colaboración para dinamizar o noso municipio. Seguramente a estas alturas aínda non saben que sen a aportación municipal, que vai máis aló das carpas, moitas destas actividades non se poderían celebrar”, sinala a concelleira lembrando que a acción municipal está presente en practicamente todas as actividades culturais que se levan a cabo no municipio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page