A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda pon en marcha a campaña polo Día do Pai
- Laura Moure
- 13 mar
- 1 Min. de lectura
Extenderase ata o día 31 e repartirá varios premios
Ecos da Comarca/Silleda
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (Ecos) pon en marcha hoxe a súa nova campaña polo Día do Pai que se vai extender dende o xoves 13 o luns 31 de marzo. Para poder participar os clientes deben de xuntar tickets por valor de 50 € en compras nos establecementos de Ecos, pode ser un so ticket ou ben a suma de varios os cales os clientes deberán introducir nun sobre que lle facilitara o establecemento co seu nome e teléfono de contacto e quedará depositado na urna do propio establecemento.

Publicidade
O sorteo levarase a cabo o vindeiro xoves 3 de abril en directo a través das redes sociais da asociación mediante o seguinte procedemento: todos os sobres cos tickets irán nunha urna e noutra iran seis sobres coas seguintes opcións: multiplica por 2, multiplica por 5 e multiplica por 10, suma 100 €, suma 150 € e suma 200 €.
Á hora de sacar os premios collerase un sobre de cada unha das urnas co cal o sobre premiado pode ou ben sumar o ben multiplicar dependendo do que saia na segunda urna.
Para cada un dos tres premios hai un máximo ata o cal poden sumar ou multiplicar en función do valor dos tickets:
-1º premio: máximo 1.000 €
-2º premio: máximo 500 €
-3º premio: máximo 300 €
Os premios serán en forma de vales de compra para gastar nos comercios asociados.
Comments