top of page

O BNG de Lalín esixe o arranxo integral da rúa García Sánchez que está “destrozada”

Sinala que "o mal estado da vía afecta aos accesos á Carballeira do Rodo, varias áreas comerciais e áreas residenciais"


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín esixe ao goberno local o arranxo integral da rúa García Sánchez, un vial en zona residencial e de servizos que se atopa “destrozada”. Segundo as denuncias veciñais recabadas polos nacionalistas na zona, o estado “lamentable” desta rúa obriga aos vehículos a circular e velocidades moi reducidas, e varios veciños da zona e do resto do concello quéixanse de danos nos vehículos ao transitar por esta rúa.

foto

O voceiro do BNG, Paco Vilariño, critica que esta rúa, que enlaza coa Rolda Leste a

través da rúa do Rodo e decorre paralela á Carballeira do Rodo, “ten un considerable

fluxo de tráfico pola súa ubicación nunha zona residencial e con dúas áreas comerciais

próximas, co que iso supón de tránsito diario”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Logo de recibir denuncias por parte dos veciños e veciñas da zona, o BNG comprobou

in situ o “estado de abandono” do vial, no que “non hai modo de evitar as numerosas fochancas” para circular pola rúa, tanto en coche como a pé. Critica Vilariño que o

goberno do PP de Lalín “non sexa quen de facer un seguimento do estado e labores de

mantemento das estradas, nin sequera as do casco urbano”, o que provoca que coma

neste caso da rúa García Sánchez “xa é preciso un amaño integral urxente da mesma

porque o seu abandono ten provocado que estea destrozada”.


O BNG de Lalín comprobou na zona que os danos que presenta esta rúa “non son de onte nin do mes pasado”, senón que responden á “política de abandono que practica o goberno local do PP, que apura moito a aglomerar as rúas nas campañas electorais e o

resto do ano nin mira para elas nin atende as queixas dos veciños”. Lembra Vilariño que

hai dous anos, no mes de marzo de 2023, “o señor Crespo tiña as rúas de Lalín cheas de

maquinaria e operarios traballando, agora xa non lle interesa”.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Diante desta actitude de “deixadez” por parte do goberno local, o BNG levará unha

iniciativa ao Concello para esixir o “arranxo integral” desta rúa, facendo de novo de

canle para que a veciñanza de Lalín vexa atendidas súas demandas e necesidades por

parte dos seus representantes políticos no Concello.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page