Monterroso organiza un campamento dixital para nenos e adolescentes para a Semana Santa
- Laura Moure

- 12 mar 2025
- 1 min de lectura
Será os días 14, 15 e 16 en horario de 10:00 a 13:00 horas na aula CEMIT
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso organiza un campamento dixital para os días 14, 15 e 16 de abril destinado a nenos e nenas de 9 a 13 anos. O campamento dixital é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O obxectivo desta actividade formativa é capacitar a nenos e nenas e adolescentes en competencias dixitais en períodos non lectivos e/ou estivais garantindo así a súa inclusión dixital. A iniciativa dálle prioridade a aqueles mozos e mozas que se atopen en situación de pobreza ou exclusión social ou noutras situacións de vulnerabilidade recollidas no Plan de Acción Estatal para a Implementación da Garantía Infantil Europea.
Publicidade
Actividade gratuíta
As clases impartiranse entre os días 14 e 16 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas na Aula CEMIT, no Centro Sociocultural de Monterroso. Inscricións abertas ata o 21 de marzo.
Os nenos e nenas que participen aprenderán a usar a Internet de xeito áxil, útil, creativo, seguro e responsable. As actividades son de balde e contarán con certificado DigComp. Pódese obter máis información ou tramitar as inscricións no Espazo Cultural Lorenzo Varela.








Comentarios