top of page

O Pino lanza a segunda edición do programa gratuíto ‘Conciliamos viaxando coa cativada’

Serán un total de cinco excursións, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, pon en marcha este verán a segunda edición de Conciliamos viaxando coa cativada do Pino. Trátase dun programa que regresa tras o éxito acadado o pasado ano e que busca apoiar as familias na conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares, ofrécendolle á rapazada unha experiencia educativa e lúdica a través de diferentes excursións.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre seis e doce anos e contempla un total de cinco saídas gratuítas nos meses de agosto e setembro, os martes e xoves. As propostas inclúen xornadas de aventura, actividades na natureza, experiencias recreativas na praia e visitas de carácter científico ao Aquarium e ao Planetarium, co obxectivo de que a cativada participante aprenda mentres se divirten e comparten tempo con outros rapaces e rapazas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cada saída contará cun máximo de cincuenta prazas, que se adxudicarán por orde de

inscrición. Terán preferencia as crianzas que participen no programa de Lecer Verán 2025

ou noutros programas municipais de conciliación, así como as que estean empadroadas no Concello do Pino. Para favorecer que poida gozar desta experiencia o maior número posible de menores, cada participante só poderá inscribirse nun destino, agás que queden prazas vacantes.


As familias interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición, dispoñible na web municipal ou nas dependencias do Concello en horario de mañá, e entregala antes do mércores 20 de agosto. No caso de quedaren prazas vacantes, aceptaranse solicitudes ata o día antes de cada unha das saídas. O calendario comezará o xoves 21 de agosto e continuará os días 26 e 28 dese mes, así como o 2 e o 4 de setembro. En todos os casos a concentración será ás dez a mañá diante do CPI Camiño de Santiago, desde onde partirá o grupo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A actividade é de balde e non supón ningún custo para as familias, reforzando así a aposta

do Concello do Pino por unha conciliación real e por ofrecerlle alternativas de ocio educativo á infancia durante o período estival. Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page