top of page

O Pino invita a percorrer o Camiño Miñoto Ribeiro a través do programa 'Camiña e Descubre'

A primeira das etapas levarase a cabo o sábado 21 de outubro cun percorrido entre Freiría e Merens // É necesario inscribirse


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino organiza a sétima edición de Camiña e Descubre que este ano retorna á axenda municipal co obxectivo de percorrer o Camiño Miñoto Ribeiro. Ao longo de varias etapas, as persoas que participen poderán gozar dunha das rutas máis antigas do Camiño de Santiago que enlaza o norte de Portugal coa capital galega ofrecendo un percorrido cun gran legado histórico, dunha gran riqueza natural, con moitos afloramentos termais e vencellada ao transporte do viño dende o século XII.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A primeira das etapas está prevista para o sábado 21 de outubro cun percorrido entre Freiría (na localidade lusa de Cevide) ata Merens en Cortegada.


O resto das etapas cubriranse o terceiro sábado dos meses de novembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio.


O custe da actividade é de 8 euros por persoa e etapa. As persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 511 065.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A ficha de inscrición e o documento de pago pódese descargar nos documentos adxuntos no seguinte enlace:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page