top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Pino inaugura a Casa da Música Manuel Barreiro Mosquera, en homenaxe ao ‘Padriño’ da Banda de Arca

O Padriño aos seus 90 anos leva 54, nesta formación


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, inaugurou este sábado a Casa da Música Manuel Barreiro Mosquera, un novo espazo que será utilizado pola Banda de Música como local de ensaio e de formación. O edificio leva o nome de Manuel Barreiro, coñecido como O Padriño entre os músicos, quen aos seus 90 anos e leva máis de medio século tocando o clarinete e o requinto na Banda de Arca.

Con esta homenaxe o Concello reafirma o seu compromiso coa agrupación e co desenvolvemento cultural da comunidade. A inauguración contou coa presenza, ademais do alcalde e do homenaxeado, da presidenta da Asociación Cultural Banda de Música de Arca, Antía Cores; do seu director, Andrés Pérez, e de numerosos veciños e veciñas.


"Desde o Concello queremos ofrecer instalacións onde poidan seguir cultivando o amor pola música entre a mocidade do Pino e de toda a comarca", destacou o rexedor.


Publicidade


O local que alberga a Casa da Música sempre tivo un vínculo coa educación, primeiro como escola unitaria e logo como punto de atención á infancia. Agora, converterase nun centro cultural cedido á banda para os seus ensaios e para seguir formando e iniciando na música a futuras xeracións.


No marco desta inauguración, o Concello de O Pino rendeu unha homenaxe a Manuel Barreiro Mosquera, coñecido como O Padriño. Vinculado á Banda de Música de Arca de

xeito ininterrompido dende 1970, Manuel foi un exemplo de dedicación e paixón pola música. “Foi, e segue sendo, un piar da banda, un exemplo para novos e veteranos. A súa

vitalidade e carácter afable son admirados por todos, xa que leva a música no seu sangue, no seu ADN”, subliñou Manuel Taboada.


Publicidade

Nado o 8 de setembro de 1933, O Padriño comezou a súa traxectoria musical aos 14 anos

na Banda da Grabanxa, pasando polas Bandas de Senra e Arzúa antes de unirse á Banda de Música de Arca en 1970. Non só destacou como músico tocando o clarinete e o requinto, senón tamén polo seu papel na incorporación de novos membros, incluídos os seus propios fillos e outros veciños.


Nos 54 anos que O Padriño leva na Banda de Arca, estivo sempre atento a batuta de varios directores: Benito Iglesias, Rosendo Mato, Xavier Ces, Ramón Vigo, José María Blanco e tamén do actual, Andrés Pérez. Nos seus primeiros anos na banda, incluso lle tocou en algunha ocasión exercer de director.


Publicidade

Para honrar o seu legado, o alcalde Manuel Taboada desvelou a sorpresa da mañá: "Por

toda esa paixón e amor pola música que transmites a todos os que te coñecen, no Concello de O Pino queremos que este local leve sempre o teu nome. Por iso chamámolo Casa da Música Manuel Barreiro Mosquera".


Esta inauguración marca un novo capítulo na historia cultural do Pino, consolidando o compromiso do municipio coa música e a formación de novos talentos, ao tempo que recoñece o inmenso aporte de Manuel Barreiro Mosquera O Padriño á comunidade.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page