top of page

O Pino felicitará este Nadal coa postal deseñada por Nerea Garea García de 6º de Primaria

Os debuxos da aula de cinco anos; o de Claudia Fernández, de 2º A e o de Marta Paderne, de 4º B, foron os outros gañadores


Laura Moure/O Pino

A postal de Nadal deseñada por Nerea Garea García, alumna de 6ºA de Primaria do CPI Camiño de Santiago, foi a elixida polo Concello do Pino como postal institucional para felicitarlle estas festas á veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O xurado encargado de fallar o concurso organizado pola Concellaría de Cultura tamén

elixiu os deseños da aula de cinco anos, na categoría de Educación Infantil do CPI; a de

Claudia Fernández Santos, de 2ºA de Primaria, e a de Marta Paderne Gaspar, de 4ºB de

Primaria, como as gañadoras deste concurso no que participou o alumnado de Infantil e

Primaria do colexio de Arca e da escola unitaria de Gonzar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As gañadoras deste concurso recibirán o seu premio o vindeiro 5 de xaneiro no

polideportivo de Reboredo, coincidindo coa chegada da Cabalgata dos Reis Magos que ese día vai percorrer todas as parroquias do Pino.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Cada unha das gañadoras deste concurso recibirá un lote de libros e xogos. O xurado do certame estivo formado pola animadora sociocultural Ana Vigo, o técnico de deportes, Iván Sanmartín, e a traballadora social Raquel Coto.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page