top of page

O Pino e Boqueixón arranxarán a estrada de Loureda ata o aeroporto con axuda da Xunta

A liquidación do orzamento do Pinp do ano pasado deixa un remanente positivo de tesourería de 1.042.000 euros e un período medio de pago de facturas inferior aos 4 días



Ecos da Comarca/O Pino

O Pleno da Corporación do Pino aprobou onte a proposta para executar conxuntamente co Concello de Boqueixón a mellora da estrada de Loureda ata o aeroporto de Lavacolla e poder así a unha subvención da Xunta de ata o 80% do importe da obra. Na sesión de

de onte tamén se aprobou a ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizos de dirección de obra, pola coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras.

O alcalde, Manuel Taboada, indicou que unha das convocatorias de subvencións aprobada pola Xunta para mellora de infraestruturas municipais prima a agrupación de concellos. Motivo polo que O Pino e Boqueixón decidiron solicitar conxuntamente unha axuda para mellorar a estrada de Loureda ata o aeroporto de Lavacolla. O proxecto establece un orzamento de 62.500 euros para a mellora de 1.500 metros (dos que uns 400 son do Pino) deste viario cunha capa de aglomerado en quente e limpeza de gabias. Ao solicitar conxuntamente a subvención, a Xunta pode aportar ata o 80% do importe, uns 50.000 euros.


Segundo o convenio aprobado onte, o Concello do Pino encargarase de toda a tramitación e contratación das obras, aportando 6.586 euros, mentres que o de Boqueixón sufragará 5.913.


Na sesión deste mércores notificouse a liquidación do orzamento municipal corresponden ao exercicio de 2024, que deixa un remanente de tesourería para gastos xerais de 1.042.016,14 euros. O alcalde destacou que a 31 de decembro do ano pasado o Concello tiña pagadas todas as facturas a provedores e que o prazo medio de pago durante o ano pasado foie de 3,57 días, moi inferior aos 30 días que establece a normativa xeral. Taboada tamén destacou que o nivel de endebedamento do Concello sobre os recursos correntes foi dun 25%, moi lonxe do límite do 110% que establece a Lei de Facendas Locais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, aprobouse a ordenanza reguladora das taxas por prestación de servizos de dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras. A ordenanza establece unha contía do 4% do importe do proxecto no caso da dirección de obra, e do 1,5% nos casos de coordinación en materia de seguridade e saúde.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page