top of page

O Pino destinará ao SAF os 93.778 euros do POS+adicional para gastos sociais extraordinarios

Servirán para rebaixar a achega de 243.000 euros que se prevé terá que facer o Concello para sufragar as 25.000 horas de atención previstas


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino destinará a sufragar o Servizo de Axuda no Fogar os 93.778,69 euros que lle corresponden da achega provincial do POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios. Esta partida servirá para rebaixar os 243.257,76 euros que ten reservado o goberno municipal para financiar o SAF. O pleno celebrado o 19 de decembro tamén aprobou o proxecto da senda peonil de Regas ao cruce de Casal, cun orzamento de

118.158 euros.

O Pino ten reservada unha partida de 591.257,12 euros no orzamento do ano que ven para

financiar o Servizo de Axuda no Fogar. A estimación municipal é que se prestarán un máximo de 25.072 horas para atender a veciñanza que ten recoñecida a dependencia, tal e como figuraban na licitación deste servizo. Do orzamento total, o Concello recibirá unas 300.864 euros da Xunta de Galicia e outros 47.135 euros corresponde ao copago que fan as persoas usuarias. Salvo que o goberno autonómico incremente os 12 euros/hora que paga actualmente, como se prevé que ocorra en 2026, o SAF supón para o Concello un desembolso de 243.257,76 euros anuais.


En base ao informe realizado polos Servizos Sociais municipais, o goberno que preside

Manuel Taboada propúxolle ao Pleno destinar os 93.778,69 euros do POS+ adicional para gasto social extraordinario a financiar unha parte da aportación que fai o Concello para o SAF. A proposta foi aprobada por unanimidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na última sesión ordinaria deste ano, o Pleno tamén aprobou por unanimidade o proxecto para construír unha senda peonil de Regas ata o cruce de Casal, cunha lonxitude de 540 metros e 1,8 metros de ancho, que levará 15 centímetros de zahorra e 5 cm de aglomerado en quente. O orzamento ascende a 118.158,35 euros.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O alcalde explicou que esta obra “executarase cunha subvención nominativa da Deputación, que vai financiar o 80% da obra, e que permitirá continuar a senda xa existente que remata en Regas”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page