top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Pino destina 35.000 euros a axudas á compra de material escolar, informático e para conciliación

Establécense tres liñas cun máximo de ata 1.100 euros por familia



Laura Moure/O Pino

O Concello de O Pino destina este ano 35.000 euros para axudar as familias a soportar os gastos derivados do comezo do curso escolar. Este xoves remitíronse ao Boletín Oficial da Provincia as bases das axudas para gastos que faciliten a escolarización, a compra de material escolar, informático, e para respiro familiar e medidas de conciliación. Agárdase que as familias poidan solicitadas dende mediados de setembro.


Estas axudas contemplan tres liñas de apoio ás familias. A primeira é para a compra de material informático para alumnado de Primaria, ESO ou Bacharelato, que teñen un importe total de 15.000 euros. Neste caso, a axuda para acada alumno será dun máximo de 300 euros e a contía límite para a unidade familiar será de 500 euros.


A liña 2 está dirixida a sufragar os gastos que faciliten a escolarización no segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, cun importe total doutros 15.000 euros. A contía da axuda sería dun máximo de 200 euros por alumno (ata un límite de 300 por unidade familiar).


A terceira liña de axudas vai dirixida a apoios económicos para respiro familiar e medidas de conciliación, e contan con 5.000 euros. O máximo de axuda para unha unidade familiar será de 300 euros.

As axudas están destinadas a escolares integrados nunha unidade familiar que se atope en condicións socioeconómicas menos vantaxosas. Nas liñas 1 e 2 considérase a unidade familiar os núcleos de convivencia formados por nais, pais ou titores de menores de 18 anos empadroados no Concello do Pino e que residan no domicilio familiar.


Na liña 2, considérase a unidade familiar a formada por pai e nai non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, e os descendentes e ascendentes que figuren empadroados e residan no domicilio familiar.


Cando se pode solicitar

As familias poderán solicitar estas axudas unha vez que as bases da convocatoria estean aprobadas definitivamente, o que se agarda ocorra a mediados do mes de setembro.

O Concello remitiu este xoves as bases ao BOP. Unha vez que se publiquen no Boletín Oficial da Provincia (agardase que sexa a principios da vindeira semana), hai que remitir o texto a Base Nacional de Subvencións, que tarda uns días en publicadas. Cando o faga, o texto volvese remitir ao BOP. Ao día seguinte de que se publiquen as bases definitivas no BOP as familias xa poden solicitar as axudas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page