Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Pino conmemora o 25-N coa segunda carreira e a terceira andaina pola Igualdade o día 27

O percorrido abrangue cinco quilómetros e o prazo de inscrición retama o 25

Laura Moure/O Pino

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de O Pino organiza o sábado 27 de novembro a terceira edición da andaina, e a segunda edición da carreira 5 km pola igualdade como parte da súa programación conmemorativa. A actividade estará precedida pola lectura dun manifesto en prol da igualdade. As inscricións faranse ata o 25 de novembro, ás 14.00 horas, na web de Carreiras Galegas (neste enlace). O regulamento pódese consultar no mesmo enlace


As dúas probas teñen o seu punto de saída e meta na área recreativa da Madalena (Castrofeito) a partir das 16:25 horas. Estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Tanto na andaina (que non ten carácter competitivo) como na carreira poderán participar persoas maiores de 10 anos (nados en 2011 ou anteriores), aínda que os menores de 12 anos deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto.


Na segunda edición ca Carreira pola Igualdade establécense catro categorías: Escolar 1 (atletas nados entre 2004 e 2006), Escolar 2 (nados entre 2007-2010), adultos (nados en 2003 e ata os 34 anos) e máster (maiores de 35 anos). Ao igual que na andaina, as persoas participantes deberán percorrer 5 km no circuíto habilitado nas inmediacións da área recreativa da Madalena. O prazo de inscrición remata o xoves, 25 de novembro, ás 14:00 horas.


Haberá medalla para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría da carreira, e medalla ou trofeo para as tres primeiras persoas que rematen a andaina (independentemente da súa categoría), e tamén un trofeo ao colectivo, clube ou asociación que inscriba a máis participantes. "Tanto a andaina como a Carreira pola Igualdade forma parte do programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, por iso está aberta a toda a veciñanza que queira percorrer cinco quilómetros cos que poñer punto final a esta lacra social", subliña o Concello.






26 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE