O Pino colabora coa Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple cunha masterclass de zumba
- Laura Moure
- 14 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Terá lugar o día 21 no polideportivo de Lameiro
Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino organiza o sábado 21 de outubro unha masterclass de Zumba solidaria en favor da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM). A cita terá lugar no polideportivo municipal de Lameiro a partir das 18.00 horas coa participación de ata oito monitores e monitoras desta especialidade.
Publicidade
O obxectivo desta masterclass, na que se mestura o baile e a diversión, é recadar fondos
para axudar a esta entidade sen ánimo de lucro que naceu no ano 1995 co fin de contribuír
a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de esclerose múltiple, así coma a dos
seus familiares e coidadores. Dende 2007, a ACEM está recoñecida como entidade de
utilidade pública.
Publicidade
Con esta finalidade establécese unha entrada solidaria de 5 euros. As persoas que acudan a masterclas tamén poderán mercar produtos de merchandising da propia Asociación. A actividade está aberta a todas as persoas, incluso a aquelas que nunca practicasen
zumba ou que desexen iniciarse nesta disciplina que forma parte da oferta deportiva
municipal neste curso 2023/24 con 40 inscritos na actualidade.
Comments