top of page

O Pino celebra o sábado 13 a Xuntanza dos Maiores e invita á veciñanza de 60 ou máis anos

Os autobuses percorrerán todas as parroquias, salvo Castrofeito, para trasladar aos asistentes


Laura Moure/O Pino

O Concello de O Pino celebra o vindeiro sábado, 13 de xuño, a Xuntanza dos Nosos Maiores, á que están invitadas todas as persoas empadroadas no concello que teñan 60 anos ou máis. Como xa é tradición, os actos desenvolveranse na área recreativa da Madalena a partir das 12:00 horas, e inclúen o concerto da banda, misa, xantar popular e sobremesa con verbena.

O alcalde, Manuel Taboada, adiante que este ano Correos aínda non entregou todas as invitacións pero que “á festa están invitadas todas as persoas empadroadas no municipio de 60 ou máis anos, como xa vén sendo tradicional no noso concello”. Ademais do retraso no reparto das cartas, dende o Concello tamén se detectou algún erro coa lista de invitacións. “Somos conscientes que nalgunhas casas foron invitadas persoas menores de 60 anos, debido a un problema que tivemos coa base de datos”, sinala o alcalde.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Manuel Taboada lémbralle a toda a veciñanza que á Xuntanza dos Nosos Maiores “poden acudir todas as persoas que teñan cumpridos 60 anos”. Para facilitar a asistencia de toda a veciñanza, varios autobuses percorrerán a partir das 11:30 horas todas as parroquias do

municipio (salvo a de Castrofeito) a partir das 11:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Este ano, como é tradición nesta xuntanza, o Concello de O Pino renderalle homenaxe á algunhas das persoas asistentes de máis idade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page