top of page

O Pino celebra o 8M cunha ‘Andaina pola igualdade’, música e actividades para escolares

Haberá unha campaña de sensibilización en colaboración co comercio local


Laura Moure/O Pino

O Pino celebrará o vindeiro 8M, Día Internacional da Muller, con diferentes actos dirixidos a persoas de todas as idades, entre os que se atopan a ‘Andaina pola igualdade’, unha sesión de escape room para alumnado de 4º de ESO, unha campaña de sensibilización en

colaboración co comercio local e charlas sobre temas de actualidade, que organizará Concello; e o concerto da Banda de Música de Arca.

A andaina pola igualdade levada a cabo no Pino en 2020.

Coa ‘Andaina pola igualdade’, o Concello do Pino quere amosar o seu compromiso cos dereitos fundamentais, coa liberdade e coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. A iniciativa conta coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta e do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade.


Esta andaina celebrarase o sábado, 9 de marzo, no tramo do Camiño de Santiago entre a parroquia de Ferreiros e O Pedrouzo. Cando rematen a camiñada todas as persoas participantes lerase o manifesto institucional.


Xunto con esta actividade, e para conmemorar o 8M, a Concellería de Cultura organizará tamén unha sesión de escape room dirixida ao alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago. Nesta actividade, a mocidade poderá descubrir e coñecer algo máis dalgunhas mulleres que foron pioneiras en diferentes eidos, ao tempo que pasan unha mañá divertida e participan en accións de sensibilización sobre igualdade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este ano o Concello de O Pino volve organizar unha campaña de sensibilización social en

colaboración co comercio local, coa colocación de carteis informativos.


O Concello tamén vai organizar diferentes charlas formativas sobre temas de actualidade e

empoderamento feminino nunhas datas aínda por concretar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A esta programación municipal súmase tamén o concerto que a Banda de Música de Arca vai ofrecer o sábado 9 de marzo, a partir das 19:00 horas, no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A ONU declarou en 1975 o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. Para o Concello de O Pino esta é unha data reivindicativa coa que se fai visible a necesidade de seguir a reclamar aspectos básicos como a erradicación de violencias machistas, a igualdade salarial, a universalización dos coidados, etc. Unha data para por de manifesto que a equidade entre os xéneros é unha cuestión de interese público que engloba a toda a humanidade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page