top of page

O Pino cédelle unha parcela de 375 metros á Xunta para construír vivenda protexida en Arca

Está situada fronte ao antigo centro de saúde e xunto coa parcela que xa ten o IGVS permitiría unha edificabilidade de 1.300 metros cadrados


Ecos da Comarca/O Pino

A Corporación do Pino aprobou por unanimidade no pleno de onte cederlle unha parcela de 375 metros cadrados ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para que a Xunta poida construír vivenda protexida en Arca. Na sesión tamén se ratificou destinar a investimentos 227.000 euros do POS+ adicional 4/2025, reservando outros 31.000 euros para gasto corrente.


O alcalde Manuel Taboada, ratificou este mércores no Pleno a intención do equipo de goberno do Pino de manter a súa aposta por construír vivenda de protección pública no municipio. Con este obxectivo, o Concello vaille ceder á Consellería de Vivenda unha parcela de titularidade municipal, de 375 metros cadrados de superficie e situada fronte ao antigo centro de saúde, na Avenida de Lugo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta parcela está pegada a outra de 240 metros cadrados que xa é propiedade do IGVS. Deste xeito, o Instituto Galego de Vivenda e Solo podería facer unha promoción de vivenda de protección autonómica cunha edificabilidade máxima de 1.306 metros cadrados, distribuídos en baixo, dúas plantas e baixo cuberta. Manuel Taboada explicou no pleno que con esta cesión, o “Concello vai favorecer que se constrúan unhas 15 vivendas de promoción pública no Pino, segundo cálculos da propia Xunta. Isto vai permitir que moitos xoves poida acceder á primeira vivenda”, asegurou o alcalde. O acordo foi aprobado por unanimidade.


Na sesión de onte tamén se aprobou o POS+ adicional 4/2025 da Deputación da Coruña,

que lle asigna ao Concello do Pino 250.599,57 euros. A proposta presentada polo equipo de goberno contempla destinar 31.000 euros para gasto corrente e reservar os 227.599,57

para investimentos financeiramente sostibles para a execución de obras o vindeiro ano.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Pleno extraordinario tamén acordou modificar o convenio de ciberseguridade que o Concello asinou coa Deputación da Coruña.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page