top of page

O Pino aproba un orzamento de 5,71 millóns que destina case o 25% a investimentos reais

A maior partida de gastos dedícase ao Servizo de Axuda no Fogar, á recollida e tratamento de residuos e ao mantemento da nova depuradora de Arca


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino contará para o vindeiro exercicio 2025 cun orzamento de 5,71 millóns de euros, o que representa un incremento do 15,60% respecto do deste ano, que non chegaba aos cinco millóns. As contas, que foron aprobadas cos votos favorables do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (PSdeG e BNG) reservan 3,14 millóns para o mantemento dos servicios que se lle prestan á cidadanía e 1,39 millóns (o 24,51% do total) para investimentos reais.

O alcalde, Manuel Taboada, resalta a boa xestión do equipo de goberno para manter ao concello sen débeda cos bancos. Na explicación do capítulo de gastos sinalou que máis da metade (o 55,14%) resérvase para pagar os bens correntes e servizos que lle prestan a veciñanza. Entre estas partidas Taboada dixo que o maior incremento queda reservado

para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e a protección social primaria (con 989.000

euros), para a recollida e tratamento de lixo (430.000 euros) e para o mantemento da nova

depuradora de Arca.


A investimentos reais, o Concello do Pino destinará o vindeiro ano un 24,51% do orzamento

(1,39 millóns de euros). Neste capitulo indicou que unha parte importante resérvase para cofinanciar as obras que se incluirán no POS da Deputación e as do Plan de mellora de

camiños municipais da Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta.

Os gastos de persoal representan o 13,48% do orzamento, con 769.878 euros.


Publicidade  

No apartado de transferencias correntes, Manuel Taboada destaca que en 2025 se ían

incrementar lixeiramente as subvencións que o Concello destina para colaborar con

diferentes colectivos e entidades sociais como as comisións de festas (que pasan de 900 a 1.000 euros para cada unha) e coas diferentes parroquias para o mantemento das igrexas (subirán de 2.500 a 2.800 euros).


Polo que se refire ao apartado de ingresos, a maior partida corresponde coas transferencias correntes procedentes doutras administracións, que ascenderán a 2,92

millóns de euros; aos impostos directos, estimados en 1,51 millóns de euros, e as

transferencias e capital (704.634 euros).

 

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“A nosa intención é facer o máximo posible gastando o mínimo”, concluíu Manuel Taboada.

O orzamento foi aprobado cos votos a favor dos 7 concelleiros do Partido Popular e a

abstención de BNG (2) e PSdeG (2).

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page