top of page

O Pino acollerá desde o 27 de maio unha nova edición do curso da USC para maiores de 50 anos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Estará formado por sesións teóricas e prácticas e é gratuíto, pero é necesario anotarse


Laura Moure/O Pino

O ciclo Camiños de coñecemento e experiencia, un programa de formación da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido ás persoas maiores de 50 anos volve ao Pino no mes de maio. Está previsto que se celebre no centro sociocultural Luís Seoane, en seis sesións que se desenvolverán entre as 16:30 ás 18:00 horas.


A programación botará a andar o xoves 27 de maio cun seminario sobre como se escribe a historia a cargo de Anxo Rodríguez, investigador da Facultade de Xeografía e Historia da USC, quen un día máis tarde dirixirá un obradoiro práctico de análise de materiais arqueolóxicos e documentais.


A profesora de Ciencias Políticas Ana Moure Soengas será a encargada dos relatorios dos días 1 e 2 de xuño, sobre introdución á criminoloxía e a análise de pegadas dactilares, respectivamente.


O ciclo pecharase cun seminario sobre a construción do personaxe e cun obradoiro de teatro a cargo da pedagoga Beatriz Porrúa Refojo.


A matrícula nas xornadas é gratuíta. Para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Pino, en horario de 8:30 a 14:30 horas.


Camiños de coñecemento e experiencia forma parte do IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago, entidade que organiza o programa co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

O Centro Sociocultural Luis Seoane do Pino.

Autor: Oficina de Turismo do Pino. Deputación A Coruña.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page