top of page

O Pino acolle esta fin de semana a XXIII Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo Piñeiro, será a pregoeira desta edición


Laura Moure/O Pino

O Concello de O Pino prepárase para celebrar un ano máis a Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha cita que congregará a milleiros de persoas en Arca durante o 3 e o 4 de agosto. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, esta celebración ofrece unha ampla variedade de actividades para todas as idades, destacando as exhibicións de galiñas e galos piñeiros, a feira de ‘Artesanía no Camiño’, os espectáculos de freestyle motocross e ecuestre, concertos e moito máis.

A festa comeza o sábado cun impresionante espectáculo de motocross na rúa Mollaos. A partir das 19:00 horas, os asistentes poderán desfrutar das acrobacias de Pedro Moreno, catro veces campión de España de Freestyle, e do británico Greg Rowbottom, nunha

exhibición que promete sorprender a todos os presentes.


O día concluirá cun concerto na praza de Forcarei ás 20:30 horas, onde a Banda de Música de Arca e o grupo Ailá unirán as súas forzas para ofrecer unha actuación única. O grupo Ailá levará ao público a unha viaxe polo universo folk, inspirado na música tradicional de transmisión oral.


Actividade dende primeira hora o domingo

O domingo, tras o estoupido das bombas de palenque que anuncian o inicio das festas,

abrirase a Mostra Cabalar ás 09:00 horas e a XXIII Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira ás 10:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde as 11:00 horas, a xornada estará chea de actividades para todos. A charanga NBA animará as rúas, mentres que a feira Artesanía no Camiño ofrecerá talleres demostrativos

de bolillos, bordado ao aire, coiro e xoguetes de madeira. Ás 13:00 horas, celebrarase o

‘Mini festival circense’ e ás 18:00 horas o espectáculo de rúa ‘Hoxe si!’. Ás 13:00 horas, a sesión vermú con EME Music dará paso á degustación gratuíta de galo piñeiro, seguida do pregón a cargo da delegada da Xunta da provincia da Coruña, Belén do Campo Piñeiro.


A Feira de Galos e Galiñas vivas de Raza Piñeira entregará premios aos mellores exemplares ás 14:30 horas, seguida do tradicional xantar popular ás 15:00 horas na carpa

situada preto da praza de Forcarei. As inscricións para participar realizaranse a partir das

9:30 horas na propia feira.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Na Mostra Cabalar, os concursos comezarán ás 10:00 horas e continuarán pola tarde ás 17:30 horas, coa entrega do premio especial Faísca. En total repartiranse máis de 3.400 euros en premios. Dende as 19:00 horas realizaranse as probas de trotóns e de arrastre,

xunto á concesión de galardóns aos gañadores da Mostras Cabalar deste ano 2024,

pechando co espectáculo ecuestre de Paco Martos ás 20:30 horas, un evento que o ano pasado encantou a máis de dúas mil persoas.


Entradas para o Xantar Popular

As entradas para o xantar popular do domingo 4 de agosto xa están á venda nos locais de

restauración do municipio a un prezo de 25 euros, dispoñibles ata hoxe, venres 2 de

agosto. No caso de quedar entradas sen vender, poderán adquirirse o mesmo domingo no

stand do Concello de O Pino na praza de Forcarei.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page