O Pino abrirá o luns 3 de outubro o ximnasio de Lameiro de xeito gratuíto para a veciñanza
- Laura Moure
- 28 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/O Pino
O Concello de O Pino abrirá o vindeiro luns, 3 de outubro, o ximnasio do polideportivo de Lameiro unha vez que a Xunta de Goberno Local aprobou o regulamento de uso das instalacións e tras asinar o pasado día 12 o contrato de xestión do servizo coa empresa que resultou adxudicataria da licitación.

As novas instalacións contan, entre outros aparellos, con cinco cintas, cinco elípticas, cinco bicicletas e unha máquina de remo. Todas as persoas empadroadas no Pino poderán utilizalas de forma gratuíta de luns a sábado, en horario de mañá e de tarde, agás festivos e períodos de vacacións.
O uso destas instalacións estará supervisado por un monitor titulado da empresa VV Xestión de Actividades SL, que foi a adxudicataria do proceso de licitación que fixo público o Concello de O Pino este mesmo ano. De feito, a empresa asinou o contrato o pasado día 12.
Unha vez que a Xunta de Goberno Local aprobe o regulamento de uso do ximnasio, este publicarase na páxina web municipal e a veciñanza xa poderá solicitar cita para facer deporte nestas instalacións a partir do vindeiro luns.
Comentarios