top of page

O Pino abre a piscina municipal de Lameiro o sábado 1 de xullo con bonos e cursos de natación

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A entrada diaria custará 3,60 euros e unha familia con dous pequenos ou máis pagará 24 euros por toda a tempada


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino inaugurará a temporada de verán o vindeiro 1 de xullo coa apertura da piscina municipal de Lameiro, que poderá desfrutarse todos os días da semana en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas. Os abonos poden retirarse xa na Casa do Concello de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas.


A piscina municipal de Lameiro abrirá o sábado día 1 tanto para quen queira ir tomar o sol e darse un baño como para as persoas interesadas en facer cursos de natación. A entrada diaria terá un custo de 3,60 euros e haberá abonos de temporada moi económicos para aquelas persoas que vaian facer un uso habitual das instalacións.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os bonos teñen un prezo de 6 euros para os menores de 16 anos e de 12 euros para as

persoas adultas no caso de ser residentes no municipio. O custo dobrarase no caso de

empadroamento noutros concellos.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, e só para as familias residentes no Pino, establécese un custo de 15,02 euros

por parella, ao que haberá que sumarlle 6 euros máis por un fillo e outros tres polo segundo (a partir do terceiro non se paga). Iso significa que unha familia con dous peques

ou máis aboará 24 euros por toda a tempada. As persoas mozas que amosen o seu carné xove desfrutarán dun desconto do 25%.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto aos cursos de natación, é requisito obrigatorio contar cun abono. As persoas

interesadas poderán asistir a un máximo de dúas clases por semana. O curso ten un prezo de 3 euros ao mes para menores de 16 anos e de 9,01 para persoas adultas e desenvolverase entre luns e xoves de 12:30 a 13:15 horas. A organización dos grupos dependerá da idade e do nivel dos participantes.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page