top of page

O Pino abre a inscrición da súa Escola de Verán para conciliar durante as vacacións escolares

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Haberá seis quendas entre o 23 de xuño e o 7 de setembro, con 50 prazas cada unha e o prazo para anotarse finaliza o 17 de xuño


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino abríu xa a inscrición para a súa Escola de Verán, que se desenvolverá do 23 de xuño ao 7 de setembro, ambos os dous días inclusive. Ata o vindeiro 17 de xuño pódese solicitar praza neste programa de conciliación que o Concello les ofrece ás familias do Pino con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. As actividades, que se desenvolverán no pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago (Arca), están abertas a menores do Pino de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A Escola de Verán contempla un total seis quendas: do 23 ao 30 de xuño; do 1 ao 15 de xuño; do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 15 de agosto; do 16 ao 31 de agosto e do 1 ao 7 de setembro. O programa de conciliación desenvolverase de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas (agás os festivos no que non se realizará o programa). O horario de recollida do alumnado farase entre as 13:30 e as 14:30 horas.


Criterios

En total, o Concello do Pino oferta 50 prazas por quenda no programa, quedando supeditada á celebración do campamento de conciliación a que haxa un número mínimo de participantes. No caso de que as solicitudes superen a dispoñibilidade de prazas, primaranse os seguintes criterios: empadroamento (cun mínimo de tres meses de antigüidade); recomendacións dos Servizos Sociais por situacións especiais; familias monoparentais, menores escolarizados no Concello do Pino; que o pai, nai ou titor legal traballe no termo municipal e participantes que estean gozando das súas vacacións no Pino.

A listaxe de persoas admitidas no programa publicarase tanto na páxina web do Concello como no taboleiro de edictos. De presentarse solicitudes para varios irmáns nunha mesma quenda, a admisión dun deles suporá a do resto. Os solicitantes que queden sen praza pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda.


A data límite para poder inscribirse na Escola de Verán é o vindeiro 17 de xuño. Para poder facer a inscrición é necesario cubrir a ficha e a instancia que se poden descargar nos arquivos adjuntos ou recollela nas dependencias municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas. Una vez cumprimentada, a ficha de inscrición presentarase na sede electrónica para o seu rexistro ou no propio Concello.


Prezos

O prezo da Escola de Verán será de 20 euros a quincena en xullo e agosto (40 euros o mes completo) e de 10 euros as quendas de xuño e setembro. As familias numerosas terán un desconto do 20% a partir do segundo fillo, presentando o título de familia numerosa. As cotas pagaranse unha vez que se saiba que o solicitante conta con praza logo da publicación das listaxes de admitidos. Nesta lista figurará a cantidade a abonar, xunto ás datas de asistencia. Unha vez efectuado o pago, presentarase o xustificante ben nas dependencias do Concello ou ben a través da sede electrónica antes do 23 de xuño.


Os formularios de inscrición no seguinte enlace (Web do Concello):

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page