top of page

O piloto palense Luis Vilariño sube ao podio en Narón

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Palas de Rei

Fin de semana intensa para o piloto de Palas de Rei, Luís Vilariño, e o seu copiloto, o salcedense Javier Martínez, quen a bordo do Skoda FabiaR5 do equipo acabaron sumando un valioso terceiro posto na segunda cita da Copa de España de Rallies de Asfalto celebrada en Narón.

A cita naronesa demostrou a gran igualdade que hai actualmente no certame nacional de asfalto, cunha gran cantidade de pilotos pelexando por subir ao podio final, algo que tras aproveitar varios infortunios dos seus rivais acabou conseguindo Luís Vilariño, que se quitaba así o mal sabor de boca tras o pasado Rali do Cocido, onde foi el quen sufriu os devenires da fortuna. Con este resultado, o Vilariño Team aúpase á cuarta posición da xeral do trofeo nacional, polo que o obxectivo é o de volver pelexar por un bo resultado na seguinte cita, que se celebrará en terras cántabras en pouco menos de dous meses, xa que terá lugar a primeira fin de semana de agosto.

Luís Vilariño, cun sabor agridoce a pesar do bo resultado obtido, indica que “estou contento polo resultado final que conseguimos, xa que sumamos un bo botín de puntos. Con todo, esperaba estar máis preto da loita pola vitoria, como si o estivemos no Rali do Cocido. Non conseguimos ter o ritmo necesario para pelexar o triunfo, que era o noso obxectivo. Con todo, acabamos sumando un resultado positivo, en parte porque os nosos rivais sufriron diversas incidencias na parte final da proba. Debemos ser optimistas e por iso imos traballar para a seguinte cita. O equipo realizou un traballo magnífico durante toda a fin de semana, e agora debemos centrarnos en chegar preparados a Sarón, onde esperamos poder volver estar na loita pola vitoria co noso Skoda FabiaR5. A tempada é longa e debemos estar aí pelexando ata o final, porque nas carreiras non podes dar nada por perdido ata o último metro, como vimos esta fin de semana.”

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page