O piloto de Palas de Rei, Luis Vilariño, logra un quinto posto no Rallye Rías Baixas
- ecosdacomarca
- 3 oct 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Bfin de semana para o palense Luís Vilariño e Javier Martínez, que a bordo do Skoda Fabia R5, conseguiron completar un emocionante Rallye Rías Baixas que estivo marcado polo bo tempo que favoreceu o gran espectáculo ofrecido por todos os equipos participantes. A dupla Vilariño – Martínez, regresaba á Copa de España de Rallies de Asfalto tras reparar o seu vehículo e recuperarse do abandono sufrido no pasado Rallye de Sarón, e pronto demostraba que podían ter ritmo para tentar pelexar polos postos de podio.

Con todo, un pequeno problema electrónico impediulles rodar cómodos durante a mañá do venres, ademais de sufrir unha picada e a rotura dunha llanta na sección nocturna da primeira etapa. Finalmente, e tras unha intensa loita, a cuarta posición escapábaselles por menos de tres segundos, sumando así un positivo quinto posto á súa marcadora.
Luís Vilariño, analiza o resultado obtido esta fin de semana: “Tiñamos ganas de volver competir tras o obrigatorio parón que tivemos, e a pesar de ter aínda algunha pequena molestia, conseguimos pelexar ata o final preto dos postos de podio, así que estamos contentos co resultado obtido. Foi unha fin de semana intensa, no que estivemos pelexando ao segundo pola cuarta posición, que finalmente se nos escapou, pero estamos satisfeitos da carreira que realizamos. O equipo fixo un traballo magnífico. Quitando un pequeno problema electrónico, o noso Skoda Fabia R5 estivo perfecto. Quero agradecerlles a todos o gran traballo que realizaron para ter a punto o vehículo durante toda a fin de semana. Agora achégase o final de tempada, polo que xa estamos a traballar no proxecto da próxima tempada, que esperemos sexa tan emocionante como o que gozamos este ano.”
Comments