Un erro nunha curva tras un cambio de rasante foi a causa do incidente que lles impediu competir nesta proba lusa
Ecos da Comarca/Deza/Palas
Un envorco no Shakedown del Rallye Serras de Fafe e Felgueiras, cita do ERC, do piloto de Palas e da Escudería Lalín-Deza Luis Vilariño e José Murado, provocou importantes danos no seu Skoda Fabia Rally2 que lles impediu competir na cita lusa.
"O Rally Serras de Fafe non puido empezar peor. De feito, por desgracia xa acabou. Un erro nunha curva tras un cambio de rasante acabou cun envorco sen consecuencias aparentemente graves. Pero a raíz do golpe encendéronse algunhas alarmas e, por precaución, decidimos abandonar para revisar o coche pensando en poder correr dentro de 15 días", indicou Vilariño a través do seu perfil de Facebook.
Por sorte, a eles non lles pasou nada.
Comments