O vindeiro sábado celebrarase a xornada de portas abertas para toda a veciñanza, en horario de 10:00 a 22:00 horas
Laura Moure/Silleda
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e membros do goberno municipal amosaron este venres a última hora da mañá as que serán as novas dependencias da Casa Consistorial aos funcionarios e funcionarias de Silleda. “Esta será a vosa casa e a de todos os veciños e veciñas de Silleda nos próximos días”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña, que destacou que o novo edificio mellorará non só as condicións de traballo do personal senón tamén a atención á cidadanía, “cun edificio propio do século XXI, accesible, moderno, eficiente e máis sostible”, indica.
Publicidade
Ao mesmo tempo, o alcalde destaca o aforro que se logrará centralizando as dependencias municipais nun único recinto. “A día de hoxe temos os Servizos municipais repartidos en varias dependencias, co que ademais de facilitar os trámites á cidadanía ao ter todo centralizado, tamén conseguiremos un maior aforro”, indica.
O personal visitou as novas instalación, que estaba previsto inaugurar xa na xornada de mañá, se ben, os actos e a xornada de portas abertas se aplazaron ata o sábado 11 por mor da alerta da entrada dunha nova borrasca.
Publicidade
O personal municipal será precisamente o encargado de atender as instalacións na xornada de portas abertas, con diferentes turnos durante a xornada para facilitar que a veciñanza coñeza as que serán as novas dependencias.
O traslado dos Servizos, como xa se anunciou en días pasados, farase de maneira gradual para intentar interrumpir o menos posible a atención ao público nos distintos departamentos. A día de hoxe só se trasladou o salón de Plenos do Concello, que se ubica
na última planta a carón do salón de actos, cun mobiliario noble e único que data do século XIX e que se manterá no novo edificio. Na última planta a distribución está planificada de forma polivalente, dividindo salón de actos e Plenario cun tabique móvil.
“O traslado irase facendo de forma progresiva nas vindeiras semanas”, indica o rexedor, que convida á veciñanza a participar na xornada de estrea do vindeiro sábado día 11.
Comments