O persoal municipal de Silleda recibe formación para implementar a Carpeta Cidadá
- Laura Moure
- 10 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Este Concello acolleu as probas para cubrir dúas prazas para limpeza de edificios públicos e hoxe terá lugar a de administrativo
Laura Moure/Silleda
O personal municipal do Concello de Silleda está a recibir estes días formación para a implementación da chamada Carpeta Cidadá, que busca facilitar a relación da cidadanía ca Administración, e coa que a persoa usuaria, mediante un portal web ou aplicación móbil, pode acceder aos seus datos persoais, notificacións ou expedientes xestionados polas diferentes Administracións.

A partir do vindeiro día 20 farase efectivo para o público este sistema unificado para todas as Administracións (Concellos, Deputacións, Xunta e Estado Central), dando así cumprimento ao Real Decreto de xuño do pasado ano.
O Concello de Silleda aborda estes cambios a través do programa Xestiona, a plataforma implantada pola Deputación de Pontevedra, nun proxecto financiado con fondos europeos.
Esta iniciativa supón un chanzo máis nos avances da Administración Electrónica.
Por outra banda, o pavillón munnicipal César G. Fares acolleu este martes as probas de
selección de dúas persoas como limpadoras de edificios municipais, como personal interino. Das 37 persoas convocadas, presentáronse un total de 27.
Publicidade
Ademais do exame (o proceso se realiza mediante o sistema de oposición) tamén se celebraron as probas de galego para as personas que non acreditaron o correspondente certificado do Celga.
Na xornada deste mércores, tamén ás 11:00 horas terá lugar a proba-oposición para cubrir un posto como Administrativo/a. Neste caso son 67 as persoas convocadas que se admitiron na lista. En ámbolos dous procesos crearase unha bolsa de contratación. Toda a información relativa a estas seleccións está dispoñible na web municipal e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
留言