O persoal do SAF de Silleda asiste a formación sobre atención no fogar de persoas con dano cerebral
- Laura Moure

- 22 jun 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
A Federación Galega de Dano Cerebral, (Fegadace) está a impartir formación presencial sobre 'Atención no fogar de persoas con dano cerebral'. Trátase dunha formación presencial de 8 horas de duración, que se dividen en dúas sesións de 4 horas de duración cada unha, e a que asiste a plantilla do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Silleda.

As sesións tiveron lugar onte e continuarán hoxe en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 horas) nas dependencias da Casa da Xuventude. Con esta iniciativa, dotase ao personal do servizo municipal das ferramentas necesarias para atender de forma específica ás persoas con dano cerebral.
Por outra banda, tamén en colaboración ca Federación Galega de Dano Cerebral nos vindeiros días abrirarse no Centro Social de Silleda a mostra “Punto e seguido”, con fotografías e material audiovisual para achegar á cidadanía o traballo realizado polas entidades de dano cerebral de Galicia.







Comentarios