Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O penúltimo sorteo do “3 en liña” da AED e do CCA reparte outros 3.000 euros en vales a 12 clientes

Esta acción, que inclúe un quinto sorteo o día 10, leva entregado ata a data 13.500 euros en premios e leva mobilizado preto de 60.000 euros de ingresos para o comercio asociado


Laura Moure/Lalín

A Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín realizaron hoxe o cuarto e penúltimo sorteo da promoción “3 en liña” da campaña O

Nadal de Lalín... mola, no que repartiron 3.000 euros en 12 vales de compra de 250 euros cada un a unha ducia de clientas do comercio asociado. Nesta ocasión, Lourdes González, copropietaria da Cafetería Alfonselle, foi a encargada de exercer como man inocente para elixir as seguintes 12 tarxetas gañadoras entre todas as depositadas no buzón a AED: Fina Albor, María Luisa Álvarez, Lita Carballude, Celia Carreira, Ana María Fernández, Amparo García, Débora Guerra, María José Gutiérrez, Laura López, Pilar Méijome, Lucía Nercellas e Montse Presas.


Todas estas clientas dos establecementos asociados ao CCA de Lalín realizaron compras entre os días 27 de decembro e 2 de xaneiro -exceptuando o día 1 de xaneiro- entre un total de 16 comercios: Brandido, C&C Young Trend, Calzados Senra, Comercial Arribas, G-Básico, Guerra, Intersport, It ́s Only, Joyería López Romero, Librería Dalvi, Muebles Sieiro, Ninfa, Perfumería Fegus, Varell Sport, Ve de Íntima e Zapatería Martínez.

Ata a data, a promoción “3 en liña” leva repartidos 13.500 euros en vales de compra e, segundo as tarxetas depositadas desde o 4 de decembro no buzón da AED, leva mobilizado preto de 60.000 euros de ingresos para os comercios asociados. Ademais, aínda falta o último sorteo, que terá lugar o luns día 10 de xaneiro, no que se repartirán 1.500 euros (seis vales de 250 euros) correspondentes ás compras realizadas hoxe, mañá e pasado mañá.


Por outra banda, pasado mañá mércores tamén se realizará a través da plataforma Easypromos o sorteo dos tres Iphone 13 aos que poden optar os/as mozos/as que posúan o Carné Xove da Xunta de Galicia e que, tras realizar algunha compra nos comercios asociados, publiquen no post do sorteo no perfil de Instagram da AED un comentario co hastag #ONadaldeLalínmola, mencionando tamén o produto mercado e o comercio no que se realizou a compra.

44 visualizaciones0 comentarios