top of page

O Pazo de Bendoiro de Lalín acolle unha xornada sobre a convocatoria dos fondos Next Generation

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O eurodeputado lalinense Nicolás González Casares achégalle ao tecido empresarial e á

veciñanza as oportunidades que ofrece este plan para paliar os efectos da Covid-19


Laura Moure/Lalín

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares organiza este venres, 11 de marzo, unha xornada en Lalín para dar a coñecer o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia ao tecido empresarial da zona e á veciñanza en xeral.

O parlamentario lalinense debullará os obxectivos desta estratexia deseñada para canalizar os fondos destinados por Europa a reparar os danos provocados pola crise da Covid-19 e, a través de reformas e investimentos, construír un futuro máis sostible.


Empresas, autónomos e particulares contarán con información de primeira man sobre o carácter dos fondos Next Generation e as oportunidades que representan, por exemplo, para a transición ecolóxica e dixital ou para o agro a través dos PERTE, que veñen a ser grandes proxectos estratéxicos que esixen a colaboración entre administracións, empresas e centros de investigación.


A xornada, con entrada aberta, celebrarase ás 19:00 horas no Pazo de Bendoiro, de Lalín.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page